Tiña que ser e despois de remolonear un pouco foi. Non puiden aguantar máis e resultou inevitable a súa saída.
Comeza a andar este blog con escasas pretensións. Non pretende ser exemplo de nada nin cargar co que outros non fan. Só pretende unha cousa, ser útil, utilidade basada no quefacer diario das clases miñas. Xa que logo, se, ademais do meu alumnado e de eu mesmo, alguén saca proveito... será un engadido, un interesante plus... mais para nada buscado na súa creación.
Aquí irei metendo link e comentarios sobre aplicacións e páxinas web que me parezan interesantes para traballar nas clases do 3º ciclo de primaria. Despois de entrar a formar parte do plan Abalar e metido no medio e medio desta dura e á vez fermosa aventura imos tirar cara adiante; como o éxito non está asegurado, botarémoslle coraxe.
Para ver cousas xa feitas e interesantes para usar remexín en canto vin colgado na rede; mesmo rebusquei usando varias linguas do mundo. Os enlaces que vexades son froito de moitas horas a mirar o que outros fixeron e a peneirar e ordenar o que fun atopando. Mi ma! Canto profesorado anda a escornarse para facer actividades de valor usando as TIC. Non vin, que me perdoe o conselleiro, nugalla ou preguiza por ningún lado.
Xa que eu recollo e non creei nada, paréceme xusto agradecer o seu labor a todos e cantos fixeron que as TIC se usen máis no ensino: persoas individuais, colectivos sen ánimo de lucro e mesmo algúns con ánimo de vivir do asunto. Citarei aquí tamén unhas poucas Comunidades que fixeron moito por mellorar; Andalucía, Canarias (eltanque), Estremadura e mesmo a curmá Asturias laboraron moito e ben (Galiza pouco fixo). Por último, quero agradecer a aqueles que fixeron coma min, foron agrupando o que había na rede e poñéndoo á disposición dos demais; especialmente agradecer a Alberto Armada, José González Prieto, Mª Encinas S. Franesqui, Javier Prado Pérez e á maestrantonella.

Nenhum comentário:
Postar um comentário