30 de mai. de 2012

Unha sesión con Aline Frazao

O martes, 30 de maio, estivo connosco Aline Frazao.

Mostrounos como é a África portuguesa: Cabo Verde, Angola, Moçambique, Guinea-Bissau...
Aprendemos, escoitamos a súa doce e linda voz e mesmo cantamos unha canción con ela. 
Foi lindo.



Mais, o máis importante resultou comprobar como a través do galego podemos comprender e falar con moita xente do mundo. 

Divertida, pois,  e sorprendente esta sesión!






Aí vai unha sorpresiña final. Se queredes escoitar unha canción moi xeitosa, ofrézovos unha do seu disco "Clave Bantú": Primeiro mundo (ou  nestoutra versión ).

Nenhum comentário:

Postar um comentário