16 de jul. de 2012

Música de brinquedos

Unha fermosa lección de como facer música con pouca cousa. A capacidade artística non a metemos na conta, dacordo?
Que pouco fai falta cando tes o atrevemento, ideas, valía e arte! Uns instrumentos pequeniños coma os que eu teño visto polo cuarto de moitos meniños, algúns xa foron parar alá ao faiado. Eses "brinquedos"  dos nosos meniños, rescatados e ben manexados, dan esta fermosura dos brasileiros Pato Fu.

Se  queres entrar directamente na canción comeza no minuto 1'.


 Lindo de máis, non é?! Eu quedei abraiado con esta música bonitiña...e decidín poñela para todos vós.
Se queres ver máis referente aos intrumentos usados,  pasa por Música de brinquedo
Boas festas!

Nenhum comentário:

Postar um comentário