29 de jan. de 2014

Filme: Buda explotó por vergüenza

Buda explotó por vergüenza
Copia e pega estas preguntas nun documento de texto (libreoffice writer). Despois, completa con todo o que che pide e envía ao profesor. Boa fortuna!
Mete aquí unha foto que teña que ver co filme visto e que a ti che guste especialmente.
  1. Fai unha ficha do filme incluíndo ao remate a túa valoración (canto che gustou?)
  2. Como é a casa na que viven Abbas e Baktay? Descríbea brevemente.
  3. Que teñen que facer estes nenos (en que están ocupados cada un de eles dous)?
         3.1.Baktay
Imaxe
                  Explicación

         3.2.Abbas

Explicación
    Imaxe
    3.3.Paréceche xusta esa diferenza. Argumenta a túa resposta.
        3.4. Que di a nena Baktay que quere facer?
  1. A vexetación que vimos como é? Marca a correcta con unha cor.

    Moi abondosa

    Abondosa

    Escasa

    Case inexistente
    Que destacarías da vexetación e do terreo?
    Sabes como se chama esa vexetación? ... É un _ _ _ _ _ _ _.
  2. Como eran os camiños?
  3. Describe a escola (ou escolas) que viches.
  4. Para que quere Baktay ir á escola?
  5. Xogos dos nenos. Marca os adxectivos correctos.

    Terribles

    Divertidos

    Igualitarios

    Brutos

    Calmados

    Colaborativos

    Tenros

    Violentos

    Guerreiros
  6. Nomea dúas situacións nas que as rapazas fosen discriminadas con respecto aos rapaces.
  7. Que lles pasou a eses Budas tan antigos? Cando os construíran? Quen provocou que se desmoronasen? Válete de internet para conseguir esa información.
  8. Que lle di Abbas a Baktay que debe facer para que a deixen en paz e para, así, poder ser libre? Ela, Baktay, está dacordo co consello de Abbas? E ti que pensas?
  9. Que destacarías ti moi especialmente de este filme? Responde con frases.

Nenhum comentário:

Postar um comentário