2 de jun. de 2012

Preparando o festival DEFINDE

Hai sorpresa.
Unha vez máis prepararemos unha cousiña linda. Merecémolo e 
gústanos facelo así. 
Un teatriño, primeiro, para meter o público en ambiente e modular a nosa voz, sempre ben adaptada  a cada personaxe e ocasión (é...ou non é?); e logo... festa a rachar con esta canción que imos cantar en nada menos que 5 linguas do mundo mundial. 
Para aqueles que andan co conto de "parlare" tres linguas  
(algunha que non falan eles nin a medias), nós CINCO.
Como o oístes, 
nós que somos "O embigo do mundo",
CINCO. 

 Aproveitando este tutorial  a danza está chupada... 
e vainos quedar moi pero que moi chula.

Um comentário:

  1. Xa vos vexo ensaiando... e ensaiando. Chula ha quedar pero hai que practicar!

    ResponderExcluir